top of page
Publico Entradas Circo de Pinocho
Marioneta Circo de Pinocho
lineasweb
lineasweb
Pinocho
Circo de Pinocho
20240828101746_1724833066.1867boton-en.png
Button_Ring.png
ornamentborder.jpeg
Ubicacion

Estamos en Redondela

Carpa Educateatro instalada no Aparcadoiro da Marisma

Do  4 ao 13 de outubro

20240828101746_1724833066.1867boton-en.png
Ribbon Titulos
Xira

Proximamente en...

Ribbon
Foto Circo Pinocho

Redondela

Do 4 ao 13 de outubro

VIERNES: 18:30H
SÁBADO 17:00 Y 19:30H
DOMINGO 12:00 Y 17:00H

Foto Circo Pinocho

Mos

Do 14 al 27 de outubro

VIERNES: 18:30H
SÁBADO 17:00 Y 19:30H
DOMINGO 12:00 Y 17:00H

Foto Circo Pinocho

Gondomar

Do 28 al 30 de outubro

VIERNES: 18:30H
SÁBADO 17:00 Y 19:30H
DOMINGO 12:00 Y 17:00H

Circo de Pinocho (web).png
Espectáculo
Circo de Pinocho Foto
Circo de Pinocho

Circo de Pinocho é o novo espectáculo de Educateatro Producións. Unha montaxe creada unicamente para representarse en carpa que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo.

Despois de que a Fada Mimadriña convertese a Pinocho nun neno de verdade, o noso protagonista cumpre o seu soño e monta o Circo de Pinocho. Geppeto será o pallaso, a Fada a trapecista e Pepiño Grilo o mestre de cerimonias, pero... faltan o resto de artistas! Geppeto construirá os bonecos que realizarán números de corda frouxa, equilibristas, malabarista, acróbatas... e a Fada Mimadriña daralles vida co seu conxuro. 

Co que non contaba ninguén é que este mesmo feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira.

Durante o fantástico espectáculo de circo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia.

Poderán os protagonistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?

IMG_1189.PNG
Plano Butacas Circo de Pinocho

Prezos

Ribbon
Gepetto

Grada 15€

Logo Circo de Pinocho

Palco lateral  15€

Martillos

Palco central 20€

Ribbon

INFORMACIÓN DE INTERESE

Logo Circo de Pinocho

DURACIÓN

Dúas horas con descanso 

incluído de 15 minutos.

Espectáculo en galego.

Carro

CARRIÑOS

Na sala non está permitida a entrada a carriños de bebé. Dispoñemos dun pequeno parking para deixalos no vestíbulo.

Minusválidos

INSTALACIÓNS ADAPTADAS

As cadeiras de rodas poden acceder tanto ao palco central como ao lateral. Dispoñemos de baño adaptado. 

IDADES RECOMENDADAS

A diversión está garantida para todos os públicos, non só dos máis pequenos!

Animales

CIRCO SEN ANIMAIS

No circo só temos artistas de dúas patas e as nosas mascotas, pero eles non participan no espectáculo.

BAR CAFETERÍA

Dispoñemos de bar cafetería onde poderedes adquirir palomitas e snacks variados, así como gran variedade de refrescos. 

Gepetto

ENTRADAS

Online e dende 1h antes da función no hall do circo.

Obrigatoria a partir de 24 meses.

CARPA CLIMATIZADA

As nosas instalacións están climatizadas para non pasar frío no inverno nin calor no verán.

Martillos Taller Circo de Pinocho

DESCONTOS

Vén gozar connosco o día da persoa espectadora a prezo reducido.

section_clowns.jpeg

PREZOS ESPECIAIS GRUPOS

Unha experiencia única e diferente para celebrar o teu evento connosco!

Cumpleaños

Aniversarios

Unha celebración do seu gran día moi orixinal onde o pasarán en grande!

Funciones Escolares

Funcións escolares e ANPAS

Unha saída cultural para que o alumnado goce coa nosa función e coñeza aos artistas e o backstage. Tamén ofrecemos prezos especiais para funcións fóra do horario escolar.

Galas Empresa

Galas de empresa

Un espazo único para o teu evento de empresa, adaptándonos ás necesidades e preferencias solicitadas.

Instalacións

INSTALACIÓNS

fondo caja.jpg

QuEN soMOS?

EducaTeatro Producións é unha empresa cultural dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos infantís e familiares.

A música, a lingua e a diversión son os piares fundamentais dos nosos traballos, cos que pretendemos fomentar a educación en valores e contribuír a unha aprendizaxe signicativa.

Nos dez anos de traxectoria, creamos os musicais Os tres porquiños, unha obra musical con bonecos a tamaño real, Carapuchiña Vermella, o musical e O mundo máxico de Pinocho, cos que percorrimos toda Galicia e outras localidades da xeografía española.

Ademais das producións teatrais, encargámonos da dirección artística  e a produción do Circo de Nadal de Vigo durante tres edicións e das montaxes do Circo Tamberlick.

​Máis información e novidades da compañía en www.educateatro.com

Logo Educateatro
Telón Teatro Circo Pinocho
IMG_6752.JPG

OS TRES PORQUIÑOS

CAL9571-683x1024.jpeg

CARAPUCHIÑA VERMELLA

IMG_0221.jpg

O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO

Contacto
bottom of page